Curso

O ALUMNADO CON DISCAPACIDADE VISUAL E O SEU CONTEXTO: CENTRO EDUCATIVO E FAMILIA

TADEGa organiza, en colaboración co gabinete de psicoloxía Emma Mayo Psicóloga, un curso sobre “o alumnado con discapacidade visual e o seu contexto”.

Consideramos que este curso é moi necesario pois, segundo datos da propia Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) publicados na súa web (http://www.once.es/new/afiliacion/datos-estadisticos), en Galicia existen un total de 265 rapaces entre os 0 e os 18 anos con discapacidade visual (142 homes e 123 mulleres), polo que é moi probable que nalgún momento da túa vida profesional teñas que impartir clases a algún destes rapaces/as, incluso a pesares de non telo feito con anterioridade e de non saber, a priori, que metodoloxía seguir.

A través deste curso pretendemos que coñezas qué é iso da discapacidade visual, pero non só a través das definicións teóricas existentes, senón que pretendemos proporcionarche unha experiencia práctica que che axude a poñerte na pel dese posible alumno/a cego e/ou deficiente visual que, probablemente, algún día atoparás na túa aula. Ademais, proporcionarémosche diferentes estratexias para facilitar a intervención (organización da aula, localización do alumno, pautas de comunicación, recursos que facilitan o proceso educativo, adaptacións necesarias, tecnoloxías para a discapacidade visual…etc.) sen esquecernos de algo fundamental: a familia.

Preténdese dotar ao profesorado das ferramentas necesarias para atender, dun xeito eficaz, aos alumnos/as que presentan discapacidade visual, que aprendan a elaborar o seu propio material e que saiban variar os seus materiais en función do grado de discapacidade que presenta o alumno, así como doutras variables.

Contidos do curso

√ Miramos o síntoma ou estudamos ao neno?

√ Intervención na aula na que hai un alumno con discapacidade visual (I)

√ Intervención na aula na que hai un alumno con discapacidade visual (II)

√ O meu compañeiro ten unha discapacidade visual, como podo axudalo?

√ A familia

√ O meu centro é un centro inclusivo para un alumno con discapacidade visual?

√ Debate e conclusións

Concedida a homologación de 12 horas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

 

Los comentarios están cerrados.